Preparados para a volta: así está o noso instituto.




Despois de varias semanas de traballo intenso preparando a volta as aulas, por fin temos todo listo para recibir ao noso alumnado.

Este comezo de curso foi un reto para o Equipo directivo e o profesorado, xa que ó traballo habitual para organizar un curso escolar enteiro para centos de alumnos e profesores, sumouse este ano as condicións excepcionais que todos coñecemos.

Nembargantes, non pensamos nunca en baixar os brazos, malia a incerteza, os cambios, e as instrucións constantes e cambiantes que nos chegaban. Só pensamos nos nenos e nenas, no noso alumnado, e en que tiveran as mellores condicións, espazos, materiais, e número de profesores para afrontar este novo curso ca maior normalidade posible.

Nos Plans de adaptación e continxencia, que xa están publicados na nosa web, recollemos todas as medidas e organización do noso instituto para este curso, sen dúbida, histórico.

De vós só precisamos que traiades moitas gañas de estudar,  e un gran sorriso... Ah! e non esquezades a máscara!!

Esperámosvos!!

Comentarios