Aviso importante para todo o alumnado.

 

Tras comprobar que non se producen aglomeracións na entrada, á primeira hora, posto que a chegada do alumnado é gradual, a nova hora de entrada para todo o alumnado de 1º e 2º Bacharelato é as 8:45h, como viña sendo habitual.

O alumnado de bacharelato entrará no edifico gris pola porta lateral, escaleira enfronte das pistas deportivas, atá o primeiro andar, corredor dos laboratorios e departamentos, e de aí, ás aulas.


Lembramos que a porta de acceso ó recinto escolar é a entrada peatonal, sinalada para tal efecto. NON se pode entrar pola porta de acceso dos coches, agás con permiso expreso da Dirección por necesidades especiais.


Lembramos ó alumnado que non se pode permanecer en grupo no patio do centro nin ÁS ENTRADAS nin ÁS SAÍDAS. Cando o alumnado chega ó centro debe acceder ás aulas e agardar nas mesmas.


Durante os recreos ningún alumno/a pode permanecer nas aulas SEN profesor. Non se pecharán as portas para evitar aglomeracións á volta dos recreos.


Grazas a todos por cumprir o protocolo.



Comentarios