CLUB DE LETRAS IES A SARDIÑEIRA

 


Este curso poñemos en funcionamento un programa de innovación educativa para o noso alumnado: o Club de letras.

Queremos capacitar ó alumnado para o exercicio do pensamento libre, a oratoria,  o espírito crítico e traballar con eles aspectos humanísticos, lingüísticos, artísticos, filosóficos,... dende  un enfoque motivador, lúdico e plural.

Por ista razón varios Departamentos didácticos:  Lingua castelá, Francés, Historia, Debuxo ,Latín, Tecnoloxía e EF, unímonos para poternciar o intercambio de ideas, a aprendizaxe colaborativa e as actividades e proxectos transversais, que axuden ao noso alumnado a acadar a excelencia educativa.

Todos os alumnos que estean no club:

-recibirán un carnet do club.

-poderán participar nas actividades, concursos e  proxectos do club, de forma voluntaria.

-optarán aos premios ou agasallos do club, en exclusiva.

-poden apuntarse a nosa Classroom.

-terán preferencia de participación nas actividades extraescolares do club.



O código da nosa Classroom é: awrpgl5 

(exclusivo para o alumnado do IES A Sardiñeira, con dominio sardineira.com)


Contactade con

 María Bascuas: mariabascuas@sardineira.com  (Xefa do Departamento de Lingua Castelá) 
 Begoña de Blas: bde.blas@sardineira.com (Vicedirectora. Departamento de Francés)




Comentarios