Solicitude dos programas Coruña Educa



Xa están solicitados  os programas educativos de Coruña Educa para os distintos niveis e grupos da ESO, a petición dos Departamentos e  do Equipo directivo. 

Este curso estamos especialmente interesados en ofrecer ao noso alumnado obradoiros e conferencias sobre a importancia da saúde, a prevención e os hábitos de vida saudable, tal e como indican os protocolos da Consellería.
Solicitamos os seguintes obradoiros e visitas (iremos informando dos cursos, trimestres e obradoiros ou  correspondentes para cada nivel) :

-Prevención do consumo de drogas.
-Taller de prevención no uso de internet.
-Habilidades sociais fronte ás drogas.
-Prevención e xestión de conflitos.
-Prevención do consumo do tabaco do alcol.
-Prevención de adiccións dixitais.
-Nutrición e dieta equilibrada.
-Etiquetaxe de alimentos.
-Publicidade nos medios.
-Visitas as Casas Museo de Pablo Picasso, Casa Museo María Pita e Casa Museo Casares Quiroga.
-Converxencia arte e ciencia.

Os obradoiros e visitas serán ó longo de todo o  curso e para cada grupo por separado.



Por outra banda, o profesorado e o alumnado tamén contará co apoio do Programa de apoio socioemocional por COVID-19, elaborado por Mónica Diz, Xefa do Departamento de Orientación, de moito interese para toda a comunidade educativa.
















Comentarios