Actividade complementaria para ciclos formativos en inglés: "An approach to your future"

 



O Departamento de Ciclos Formativos en colaboración co Departamento de Inglés, organiza a seguinte actividade complementaria en lingua estranxeira (inglés):
  
"An approach to your future"

Trátase dun obradoiro no cal se tratarán dous aspectos importantes de cara á inserción laboral:
  • A elaboración do Curriculum Vitae e a carta de presentación.
  • A entrevista de traballo,
Impartido por: Sara Couto Velasco, que actualmente é People Operations Generalist na empresa Extensify (EEUU)

Brief description about her:
After graduating in Psychology at the University of Santiago de Compostela in 2013, I headed to the United States looking for new exciting adventures. After living with a family on the East Side of the country for about two years, I moved to San Francisco (California) where I enrolled in a Human Resources Program at the University of Berkeley. After a year of learning about business in America, I got the job I currently have where I oversee hiring, human resources, and payroll processes.  
 
Se estás interesado nesta actividade enche a solicitude a través do seguinte formulario: https://forms.gle/35ZYfVf7b9LyeY6L9

• Obxectivos:
• Enriquecemento lingüístico e persoal.
• Mellora da competencia lingüística para a inserción laboral.
• Complemento doutras actividades organizadas no centro educativo:
    Programa Erasmus +
    Seccións Bilingües
    Mobilidades FP Dual  

• Descrición do obradoiro:

Presentar un currículum vitae eficaz ou poder afrontar unha entrevista de traballo son elementos determinantes para acadar o éxito na procura de emprego.
Neste obradoiro analizaremos de xeito práctico a elaboración dun CV e dunha carta de presentación, aprenderemos a distinguir que datos son esenciais e cales son accesorios, que non se debe incorporar e como temos que estruturar a información que ofrecemos sobre nós, pois son a nosa tarxeta de visita ante a empresa.
As entrevistas de traballo exitosas requiren unha boa preparación. É esencial coñecer de antemán os tipos de entrevistas e probas ás que teremos que enfrontarnos e como superalas. Coñecer as respostas ás preguntas máis frecuentes e saber reaccionar ante o mais inesperado, poden ser as claves do noso éxito. E non podemos esquecer a imaxe, a información persoal que transmitiremos ou a nosa linguaxe corporal.
Cada alumno deberá traer o seu currículo en formato electrónico, se o ten feito, para analizalo e ver os aspectos mellorables, conseguindo que sexa o máis eficaz e completo posible. 
Tamén se realizarán simulacións de entrevistas de traballo en inglés.

• A quen vai dirixida esta actividade?

Ao alumnado matriculado en ciclos formativos de grao medio ou superior de formación profesional inicial no IES A Sardiñeira no curso 2020-2021.

Para desenvolver este obradoiro de xeito óptimo, o número de prazas está limitado a 20 alumn@s, que se outorgarán por orde de rexistro, con prioridade para os alumnos de FP Dual e segundo curso dos ciclos formativos. Se este alumnado no cubre as prazas ofertadas adxudicarase por orde de solicitude ao alumnado de primeiro curso de calquera ciclo.  

• Datas de celebración:

Alumnado de ciclos formativos en réxime ordinario (diúrno):
  • Xoves, 3 de decembro de 2020 ás 19 h (duración estimada 1,5 h) na aula de informática do 1º andar (IES A Sardiñeira)
Alumnado de ciclos formativos en réxime modular (nocturno):
  • Mércores, 9 de decembro de 2020 ás 11 h (duración estimada 1,5 h) na aula de informática do 1º andar (IES A Sardiñeira)


Toda la información aquí

Comentarios