Equipo Torneo de Debate académico IES A Sardiñeira


Moi orgullosos do noso alumnado de Bacharelato que conforma o equipo para o Torneo de Debate académico 2020-2021. Este curso competiremos con 47 centros galegos nunha batalla dialéctica que, de seguro, será moi, moi interesante. Empezamos a formación on line. O alumnado será preparado polas profesoras do centro encargadas do equipo de debate.

 É esta unha actividade que mellora a competencia lingüística do noso alumnado, a capacidade de expresarse oralmente, de traballar en equipo, de investigar e documentarse e, en definitiva, un proxecto de alta calidade educativa que, de seguro, será unha experiencia difícil de esquecer.




Comentarios