Intercambio lingüístico co Lycée Général et Technologique Irène et Frédéric Joliot-Curie.

 O Departamento de Francés asinou un acordo de cooperación  co Lycée Général et Technologique Irène et Frédéric Joliot-Curie, da cidade francesa Romilly sur Seine.

Os obxectivos deste acordo de cooperación son:

Establecer un intercambio lingüístico duradero mediante cartas, vídeos, meet, video conferencias,...para mellorar a competencia lingüística do alumnado francés e galego.

Adquirir hábitos e actitudespositivas na aprendizaxedas linguas extranxeiras, e do francés e español en particular.

adquirir hábitos positivos de cooperación, colaboración e traballo en equipo.

Coñecer a cultura dos países colaboradores.

Fomentar no alumnado hábitos de emprendemento e desenrolar a súa autonomía.

Romilly sur Seine está a 120 km de París, 39 km de Troyes y 97 km de Reims, unha rexión,de grande interese cultural, monumental e artístico.

O noso alumnado ,comezou xa este intercambio lingüístico.


Romilly sur Seine.

Troyes

Reims







Comentarios