Fin do primeiro trimestre: Gymkana multilingüe, chocolatada con churros, photocall e actividades.



Para despedir o trimestre, organizamos unha gymkana en francés para todo o alumnado, en distintos horarios e cos grupos de clase habituais, ca colaboración do departamento de Educación física: photocall, cancións de Nadal en Francés, preguntas de cultura, sopas de letras, desafíos ao noso auxiliar de conversa francés, e moitas probas físicas de coordinación e colaboración.
Despois da gymkana, organizamos unha enorme chocolatada para todo o centro ao longo da mañá. Dos 2000 churros que encargamos non quedou nin un e acabamos con centos de litros de chocolate quente!!
Un esforzo de organización que damos por moi ben empregado vendo os sorrisos dos nosos nenos e nenas.

Todos xuntos conseguimos acabar este trimestre sen incidencias, grazas ao esforzo de toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado, persoal non docente e familias.
Grazas a todos e todas. 

Desexamos a todo o noso alumnado e as súas familias que teñan un moi feliz Nadal, moita saúde e un ano 2021 cheo de bos momentos e boas novas.

Especialmente a nuestro alumno Harvey Ávila y a su familia, queremos decirles que mucho ánimo. Os mandamos toda la fuerza y energía desde el IES A Sardiñeira. Estamos para todo lo que necesitéis.

Harvey, te queremos y queremos tenerte cuanto antes a nuestro lado.

TODO SALDRÁ BIEN.

















































































































 

Comentarios