IES A Sardiñeira : plató de rodaxe


Estamos a gravar, con xornalistas e cámaras profesionais, un vídeo sobre a vida no noso centro. 
O guion é orixinal do noso alumnado de 1º de Bacharelato, que prepara o texto ca xornalista Ánxela Fernández.
O alumnado entrevista aos nosos auxiliares de conversa: Pierric Mathurin, francés, e James Evangelos, dos EEUU.

Neste proxecto o alumnado explicará o día a día do noso centro, os proxectos de innovación educativa que levamos a cabo e moitas sorpresas máis.
Neste obradoiro o alumnado aprenderá nocións de gravación, montaxe e maquetación, ademais de traballar a competencia oral e escrita.

Este obradoiro está enmarcado dentro dos Programas para a a excelencia educativa e o Club de Letras.

Na primeira imaxe: a xornalista, Ángela Fdez, os auxiliares de conversa e alumnas de 1º de Bacharelato.


As nosas súper alumnas de 1º BAC: Claudia, Rosalía, Laura, Carla e Laura.



O cámara con Pierric e James, os nosos auxiliares de conversa.



Unha alumna de 1º BAC cos nosos auxiliares.

Comentarios