Cancelada a pista de patinaxe.

 Lamentamos profundamente ter que anular a saída á pista de patinaxe por mor das últimas instruccións recibidas hai unhas horas. Agradecemos a maravillosa acollida desta actividade, que con tanta ilusión preparamos para atotalidade do alumnado da ESO e 1º Bacharelato.

Agardamos que pronto podamos volver a ofrecer ao noso alumnado unha oferta de actividades complementarias e extraescolares, que tanto contribúen a unha educación integral dos nenos e nenas.

Devolverémoslles os cartos de forma inmediata. Poden recollelos en Vicedirección ou  a través dos profesores de Educación Física.



Comentarios