Últimos ensayos Equipo de debate acádemico .


Esta semana e fin de semana estivemos a preparar intensamente o Torneo de debate académico, que comeza o luns. Árduo traballo de investigación, redacción, colaboración, oratoria, posta en escena,... Todos os detalles contan e xa estamos na recta final.

É un pracer contar con alumnado tan implicado no noso instituto, que toma tan en serio unha actividade extraescolar tan importante como ésta, na que competirán en un Torneo de debate académico con 47 centros de toda Galicia.

Eles son: Kwesi, Gabriel e Iria de 2º Bacharelato. 
Laura R., Laura M., Claudia, Carla, Diego, Lucía e Rosalía de 1º de Bacharelato

Esta actividade está enmarcada nun programa da Consellería,  para afondar nos coñecementos e acadar a excelencia académica .

É un pracer para nós, as vosas profesoras, acompañaros e entrenaros para esta aventura. Grazas ás profes que axudáronnos con apoio técnico ou académico nalgún momento.

Xa solo por participar nesta actividade, sodes uns gañadores e gañadoras,  e pase o que pase,  estamos moi orgullosas.


















Comentarios