Historia dunha receita, receita con historia.

 


O club de Letras do IES A Sardiñeira pide a colaboración de toda a comunidade educativa para facer unha actividade que se emmarca neste proxecto de innovación educativa, e que pretende rendir homenaxe á diversidade e pluralidade do noso centro.

Trátase de enviar unha receita acompañada dunha historia e relato explicando a importancia que ten na súa familia, pobo ou país. Poden contar unha anécdota, a orixe, a tradición,..dunha comida principal, un postre, un entrante ou unha bebida (sen alcol).   Agradecemos unha fotografía para ilustrar a receita.

Poden enviar as súas receitas ás coordinadoras do Club, María Bascuas ou Begoña de Blas. Os  correos son: mariabascuas@sardineira.com ou a bde.blas@sardineira.com.

O libro será editado con todas as receitas participantes.

Moitas grazas a todos.

Comentarios