Os nosos equipos do Torneo de debate académico.



O noso alumnado de 1º e 2º Bacharelato completó unha intensa semana de debates académicos con institutos de toda Galicia.

Estamos moi orgullosos da súa seriedade, responsabilidade e compromiso con esta actividade, enmarcada no Contrato Programa da Consellería de educación,  para acadar a excelencia académica, dirixida ao alumnado con gran motivación para aprender.

Dedicaron moitas horas á preparación e aprendizaxe desta actividade que valora os seus coñecementos históricos, sociais e de oratoria.

Agardamos que sexa para eles unha aprendizaxe proveitosa.

O traballo dos dous equipos foi estupendo e nós, as súas profesoras,  estivemos encantadas de acompañalos nesta aventura.

Noraboa a todos pola magnífica participación!














Comentarios