Día dos hábitos de vida saudables


Este ano non puidemos facer festival de Entroido, mais queríamos facer algo especial para o noso alumnado.  No IES A Sardiñeira, o venres 12 de febreiro, repartimos mais de 600 bocatas e case 100 kilos de froita entre o noso alumnado e profesorado, a distintas horas da mañá e nos diferentes patios que ocupa o alumnado.

Ademais repartimos uns trípticos sobre os beneficios dunha dieta sá e do exercicio físico, e consellos para evitar o tabaquismo. 

O alumnado puido facer fotos con photocalls de San Valentín. 

Foi o último  día do noso auxiliar de conversa, Pierric Mathurin, que volverá moi cedo.

Grazas especiais ás profesoras do Clube de letras pola axuda na organización  e á Secretaria, Aurelia Rivero, por apoiar sempre as nosas iniciativas e permitirnos gastar os cartos no que mais nos importa: o noso alumnado.



Comentarios