Obradoiro Braille para 1° BAC

 
Unha da nosas alumnas e a profesora de apoio da ONCE achegaron o mundo da discapacidade visual e o sistema de lectoescritura Braille ao noso alumnado.
Manuela explicou a súa experiencia e demostrou a súa gran autonomía conseguida grazas ao apoio da ONCE e ao seu traballo e resolución.
O alumnado tivo a oportunidade de transcribir unha cita do Petit Prince ao Braille.
É un verdadeiro pracer para nós ter unha alumna da que temos tanto que aprender.

Comentarios