Pilar Macía presenta a súa primeira novela "Lobo"



A nosa compañeira, profesora de ciclos formativos, Pilar Macía presentou onte a súa magnífica novela "Lobo", na libraría Couceiro de A Coruña. Estivo arropada polos compañeiros e pola Secretaria do centro, Aurelia Rivero, en representación do Equipo directivo.

Dende Vicedirección e o Club de Letras do IES A Sardiñeira teremos o pracer de tela como invitada, o vindeiro xoves, para falar da súa traxectoria, do seu oficio e do seu libro, na nosa biblioteca ante o alumnado de Bacharelato.

Dende aquí queremos felicitar a nosa compañeira Pilar, profesora de química con alma de filóloga e corazón de escritora, por esta novela ambientada en Galicia, que recomendamos encarecidamente.

Esta novela aúna o suspense da trama e un acertixo que os lectores, queiran ou no, deberán resolver.

 Pilar lévanos ata A Pobra do Brollón para sumerxirnos nuns asasinatos e na desconfianza dos veciños dun pequeno pobo galego. 

O misterio e a intriga están servidos. Unha novela que deixa ao lector con ganas de máis.



Comentarios