Benvida ao curso 21-22



 Prezada comunidade educativa:

Comezamos un novo curso cheos de ilusións e novidades. O instituto ten un novo equipo directivo, á súa disposición, para o que precisen.

Dirección: Begoña de Blas

Xefatura de Estudos diurno: María Bascuas

Vicedirección: Esther Tarrío

Secretaria: Aurelia Rivero

Xefatura de estudos adultos: Mariano Pazos

Lembramos que estamos aínda en situación COVID, polo que lles pedimos que soliciten cita para reunións cos tirores/as, profesorado e Equipo directivo.

O mércores 29 invitámoslles a participar  nunha reunión telemática (co gallo de minimizar os riscos) para que coñezan aos titores/as dos seus fillos/as, que lles darán información de gran utilidade.

Na web do centro, poderán atopar información adicional, autorizacións, documentos do centro, novidades,...

Ademais, neste blog, continuaremos a amosarlles un anaquiño das nosas actividades e vida cotiá.

Agardamos que este curso estea cheo de momentos bos e inesquecibles para todos e todas.


Feliz curso 21-22.


Equipo directivo.



Comentarios