Xubilación Berta Souto

A nosa compañeira, Berta Souto, profesora de Xeografia e Historia xubilouse no día de hoxe, despois de catro décadas de traballo e milleiros de alumnos e alumnas.
Foi para nós un pracer contar cunha compañeira e profesional como Berta, referente para todos e todas no IES A Sardiñeira. Grazas por tantos anos de dedicación ao ensino e ao centro. Desexámosche unha nova etapa chea de bos momentos e ilusións.

Comentarios