Concurso de decoración de inverno.

 O equipo de Delegados do IES A Sardiñeira organiza un concurso de decoración de inverno, animádevos e decorade a vosa aula!

A gañadora terá un magnífico premio!



Deixámosvos aquí as bases do concurso:

1.  PARTICIPANTES: 


todas as clases do IES A SARDIÑEIRA. Cada clase decorará a súa aula entre todos os compañeiros que a compoñan.

 

2.  CARACTERÍSTICAS:

  •  Decoración das clases debido ao Nadal.
  •  Temática relacionada con estas datas.
  •  Actividade para que os alumnos colaboren entre eles e saquen o seu lado máis creativo e solidario.

 3.  EXECUCIÓN

 A partir do luns 29 de novembro poderanse empezar a decorar as clases! Terán que estar listas para o venres 17 de decembro e, a continuación, decidirase a gañadora e os demais subpremios que explicaremos ao final deste escrito.

 4.    CRITERIOS DE AVALIACIÓN:

  Orixinalidade.

Os obxectos deben ter relación coa festividade (árbores de navidade, figuras de personaxes representativos como renos, luces…).

  • A decoración non pode impedir a visión do encerado, nin molestar ao profesor.

 5.    XURADO:

Equipo directivo.

Profesora de Plástica.

O equipo de delegados de maneira obxectiva tamén elexirá a que máis lle guste. Estará representado polas presidentas Claudia Álvarez e Carla García, de segundo de bacharelato; e o vicepresidente Damián Suárez, de primeiro de bacharelato.

6.  PREMIO:

 A competición será entre todas as clases do instituto (desde primeiro da ESO ata segundo de bacharelato) e daranse os seguintes premios:

 Os premios irán de mellor a peor e, evidentemente, a clase gañadora que recibirá o premio será o de máis calidade.

 

premio

   premio

  premio

-   Dous cuartos premios

 -   Dous quintos premios

 

En total, sete premios que esperamos que disfrutedes moito!



Comentarios