Concurso de marcapáxinas da Biblioteca



Convócase o concurso para elixir o marcapáxinas oficial da biblioteca, animádevos!!!!

Facede os vosos deseños e participade!!

Tedes de prazo ata o 19 de novembro.

As bases do concurso son as seguintes: 

1. PARTICIPANTES

Poderá participar calquera alumno ou alumna de 1º, 2º, 3º ou 4º da ESO do IES A Sardiñeira. Cada participante poderá presentar un máximo de dous traballos.

2. CARACTERÍSTICAS

Deseño dun marcapáxinas coas seguintes características:

-A temática será libre, preferentemente relacionada cos libros, a literatura e a lectura.

-Técnica libre, preferentemente a cor.

-Terá unha medida aproximada de 12x4 cm.

-Conterá os textos “Biblioteca A Sardiñeira” e “visita ou noso Instagram @bibliosardi”.

3. PRESENTACIÓN

-Os traballos entregaranse en cartolina ou folio, cos debuxos nunha cara e os datos persoais na outra cara.

-Os datos persoais son: nome, apelidos, curso e grupo.

-As obras serán recollidas polo Equipo de Biblioteca na propia Biblioteca nos seus horarios de atención habituais.

4. PRAZOS

O prazo de entrega será ata o venres 19 de novembro. O fallo do xurado darase a coñecer antes de que finalice o primeiro trimestre. 

5. CRITERIOS DE VALORACIÓN

-Creatividade.

-Orixinalidade.

-Calidade artística.

-Adaptabilidade a calquera soporte de difusión. 

6. XURADO

O xurado estará composto pola Vicedirectora, tres membros do Equipo da Biblioteca e a Xefa do Departamento de Debuxo. A decisión do xurado será pública, definitiva e inapelable. 

7. PREMIOS

-Un primeiro premio, que consistirá nun cheque por valor de 50€ trocable en librerías próximas ao Instituto. Á súa vez, este traballo será seleccionado como Marcapáxinas Oficial da Biblioteca.

-Un segundo premio, que consistirá nun cheque por valor de 25€ trocable en librerías próximas ao Instituto.

-Todos os traballos presentados formarán parte dunha exposición na propia Biblioteca.


E non esquezades que podedes seguir todas as novedades da biblioteca (e saber quén gañou o concurso) no instagram e no blog.   


sardineiraxxiiinovidades.blogspot.com 



bibliosardi

 

Comentarios