Participa no concurso de deseño do logo oficial do EDL
O Equipo de Dinamización Lingüística convoca un concurso para elixir o seu Logo Oficial. Baixo as seguintes bases:
1. PARTICIPANTES: todo o alumnado do IES A Sardiñeira. Cada participante presentará un só traballo.
2. CARACTERÍSTICAS:
•
Deseño dun logo para o EDL A Sardiñeira.
•
Temática libre, preferentemente relacionada co centro e coa lingua galega.
•
Técnica libre.
•
Conterá o texto EDL A Sardiñeira
3. PRESENTACIÓN: os traballos enviaranse escaneados ou fotografiados á conta de correo do EDL (edl.asardinheira@gmail.com) xunto cos datos persoais do participante (nome, apelidos, curso e grupo)
4. PRAZO: a data límite de entrega será o 22 de novembro.
5. CRITERIOS DE AVALIACIÓN.
•
Creatividade
• Orixinalidade
•
Calidade artística
• Adaptabilidade a calquera
soporte de difusión
6. XURADO:
• 1ª fase: profesorado integrante do EDL. Nesta primeira fase o
profesorado escollerá 3 traballos de entre todos os participantes.
• 2ª fase: seguidores do EDL A Sardiñeira en Instagram. Dos 5 participantes
escollidos polo profesorado os seguidores do EDL en Instagram poderán votar o seu favorito.
Aquel que t e ñ a m á i s será o gañador.
7. PREMIOS:
• 1º premio: cheque por valor
de 50€
nunha librería do barrio. Ademais o traballo seleccionado convertirase no logo oficial do EDL.
• 2º premio: cheque por valor de 25 € nunha librería do barrio.
Poderedes seguir as novidades do Equipo de Dinamización Lingüística na súa conta de Instagram:
Comentarios
Publicar un comentario