Nadal no IES A Sardiñeira

 Chegou o Nadal ao IES A Sardiñeira e recíbenos cun precioso poboado (graciñas ao departamento de Debuxo e aos colaboradores que o fixeron posible).

Lembrade que o concurso de decoración de inverno aínda non rematou, animádevos a decorar a vosa aula!!



Por outra banda, o equipo de dinamización da Lingua Galega propónnos unha estupenda actividade: deixar escritos os nosos desexos para o próximo ano no muro dos bos desexos. Ide engadindo tarxetiñas ata enchelo!! 


E por suposto, como membros da Rede de Centros Solidarios, un ano mais participamos na campaña de recollida de alimentos á que engadimos a de xoguetes e libros. Animámosvos a todos/as a participar  nesta iniciativa solidaria.




Comentarios