CONCURSO DE MÁSCARAS E ANTIFACES DE ANTROIDO
Animádevos a participar no concurso de máscaras e antifaces de antroido que propoñemos a iniciativa do departamento de Debuxo.
Podedes facer unha máscara ou un antifaz (só un por alumno/a)
A técnica empregada é libre
Tamén podedes escoller libremente o tamaño.
Hai tres categorías:
- 1ºe 2º da ESO
- 3º e 4º da ESO
- Bacharelato.
En cada categoría haberá un gañador e un finalista, cos seus correspondentes premios.
As máscaras estarán expostas na entrada do instituto.
A entrega de premios será na biblioteca no 2º recreo do 25 de febreiro.
Contamos coa vosa participación!!!!
Comentarios
Publicar un comentario