ONDE ESTÁN OS MICROORGANISMOS?

Ao longo desta semana todo o alumnado de 1º da ESO tivo a estupenda oportunidade de estudar os microorganismos como auténticos científicos.

Os microorganismos están por todas partes así que os nosos alumnos/as tiveron que collelos: no chan, na pel, no móbil, nas manillas das portas, nos pupitres... unha vez recollidos  "sembráronos" nas placas de Petri que teñen xa un medio de cultivo, quentáronos na estufa... e paciencia. Tras 48 horas atoparon bacterias nas placas!! Millóns de bacterias que foron dividíndose ao caloriño da estufa e coa comida rica que lles ofreceu o medio de cultivo.

Alumnado de 1º ESO C recollendo mostras   







    Definitivamente están en todas partes e convivimos con eles, a maioría son boísimos pero... outros
poden ser prexudiciais así que non esquezades lavar ben as mans.

O alumnado de 1º ESO A coas súas placas








E os de 1º ESO B


Detalle das placas



Ademais das bacterias tamén viron microalgas ...


...e protozoos, se queredes velos facede clic aquí.

Graciñas á súa profesora María Baulde e a Marta Esperanza Llera por levar a cabo co alumnado esta magnífica actividade!!



Comentarios