Feira matemática o sábado 30 de abril

 O vindeiro sábado 30 de abril terá lugar no Palexco a celebración da XV feira matemática organizada por AGAPEMA (enlace á web). Nesta edición o IES A Sardiñeira, forma parte das entidades participantes. A nosa compañeira Elena Segade estará nos stands 19 e 20. 

Haberá obradoiros de papiroflexia, maxia, procuras do tesouro, concurso de fotografía, bingo matemático e moitas outras actividades.

Unha boa ocasión de pasar un día diferente!!







Comentarios