II Concurso de fotopoesía Día das Letras Galegas

 



BASES DO II CONCURSO DE FOTOPOESÍA

Participación

O concurso está aberto a todo o alumnado do IES A Sardiñeira.

Cada alumno/a poderá presentar un máximo de dous fotopoemas
ao concurso.

Lingua e formato

Os poemas deberán ser en galego.

Poderán presentarse as imaxes en formato dixital, coas
extensións .png, .jpg, .gif, .pdf e .svg.

O texto deberá estar nun documento en formato pdf.

Envío de fotopoesías

As fotopoesías deberán ser enviadas ao correo do Equipo de
D i n a m i z a c i ó n  L i n g ü í s t i c a  d o  I E S  A S a r d i ñ e i r a
(edl.asardinheira@gmail.com), indicando no asunto Concurso de
Fotopoemas.

No envío deberá constar o nome e a forma de contacto (teléfono e
correo electrónico) da persoa concursante.

A data límite para o envío será o 13 de maio de 2022.

Deliveración e xurado
O xurado estará composto polo equipo de Dinamización Lingüística
e un membro do equipo directivo.

A deliberación do xurado terá lugar entre os días 18 e 20 de maio.

Premios 
O primeiro premio consistirá nun vale polo valor de 50 nunha
libraría do barrio.

O 2º e o 3º premio consistirán nun vale polo valor de 30 nunha
libraría do barrio.

Publicación
As persoas gañadoras serán dadas a coñecer nas redes sociais do
IES A Sardiñeira, así como na páxina web, no día 20 de maio de
2020.

As imaxes de todos os concursantes poderán verse en formato
dixital nas redes ou no propio IES
                                                                                        

Comentarios