Xornada de prevención e sensibilización Di Ke Non

 O alumnado de 4º ESO B tivo hoxe a segunda xornada dos Talleres para a Prevención do consumo de drogas Di Ke Non da Fundación Barrié. Despois da sesión do martes, onde asistiron a unha representación teatral e a unha charla con profesionais e internos da UTE de Teixeiro, hoxe tiveron a ocasión de visitar o Centro Penitenciario e achegarse á realidade das persoas internas alí.

Foi unha experiencia realmente interesante e enriquecedora. 



Comentarios