Visita do alumnado do CEIP José Cornide

 Hoxe tivemos unha agradable sorpresa coa visita do alumnado de 6º de EP do CEIP José Cornide. A nosa orientadora, Mónica Diz, fixo de guía no percorrido polo centro. 

Amosámosvos unha mostra do que viron: aprendendo un chisco de grego, observando unha maqueta no laboratorio de Xeoloxía e moi atentos á nosa alumna Laura Rega que lles explicou un experimento de química. 

Foi un pracer amosar o noso centro ao futuro alumnado.





Comentarios