Concurso de portas terroríficas
Un ano máis convocouse o concurso de decoración de portas terroríficas. Este curso ademais das portas moitos compañeiros decoraron tamén o interior das aulas...
Estivo difícil escoller a gañadora pero os premios foron para 3º ESO A , que levou o premio á mellor decoración, seguido de 2º ESO A e o terceiro premio foi para 1º ESO A. Graciñas a todos por participar e noraboa aos gañadores.












Comentarios
Publicar un comentario