Día da ciencia en galego e magosto.


Hoxe celebramos o noso tradicional Día da Ciencia en galego. O alumnado de Ciclos preparou experimentos e prácticas para o alumnado da ESO e BAC, profesorado, persoal non docente e mesmo para os nenos e nenas de 5º e 6º de EP do Xosé Cornide.

Puidemos ver rebotar un ovo sen casca, fabricamos pasta de dentes, xabón, crema hidratante e mesmo nubes... puxemos gafas de realidade virtual para simular o traballo nun laboratorio... Unha morea de prácticas que nos achegaron á ciencia de xeito lúdico e nos deixaron con ganas de máis, e entre experimento e experimento fomos comendo as castañas do magosto.

Moitas grazas ao profesorado e alumnado de ciclos polo seu traballo que fixo posible unha xornada diferente e moi enriquecedora.


































































Comentarios