Concurso de adornos de nadal na biblioteca
Desde a Biblioteca convócase un concurso de adornos de Nadal, animádevos a facer o voso nos recreos ou na casa para decorar a nosa biblio!!
Valorarase:
- A orixinalidade
- Que sexan artesanais (feitos por vós)
- A estética
- Que sexan feitos con materiais de refugallo, poidan reciclarse...
O xurado estará composto por un membro da Comisión da Biblioteca, un membro do equipo directivo, un membro do departamento de EPV, un alumno/a e un membro do persoal de administración e servizos.
Haberá premios para todos os niveis educativos da ESO!! Animádevos a participar!
Comentarios
Publicar un comentario