Chocolate con estrelas

 Un ano máis ( e xa van once) puidemos disfrutar desta magnífica iniciativa do noso compañeiro Luis Míguez quen, tras unha charla de introdución á astronomía, deu paso a Borja Tosar, astrofísico que nos falou dos cambios do núcleo da terra e os seus efectos, dos campos magnéticos, de como Venus se asemellou noutro tempo ao noso planeta e de moitas cousas máis, e mesmo nos recomendou con moita sorna unha película de ciencia ficción!

Mentres tomabamos un chocolate quente puidemos observar nun ceo limpo e claro a lúa e a Xúpiter cos seus satélites en liña. 

Coma sempre unha marabillosa experiencia!












Comentarios