Día da Paz
Hoxe todo o centro conmemorou o Día da Paz.
En Ciclos Formativos o alumnado fixo un mural cheo de pombas con soños de Paz, mentres que na ESO, a iniciativa do equipo de EDL en colaboración co departamento de Lingua Galega, os lemas con bos desexos colocados na entrada dan a benvida ao centro. Ademais tedes na biblioteca unha escolma de libros relacionados con esta temática.
Graciñas a todos polo voso traballo e bos desexos!!
Comentarios
Publicar un comentario