DiKeNon

 O alumnado de 4º da ESO tivo hoxe a súa primeira xornada da actividade de prevención e sensibilización Di Ke Non da Fundación Barrié coordinada polo Departamento de Orientación.

Varios internos da UTE de Teixeiro fixeron unha representación teatral e compartiron as súas experiencias nunha xornada verdadeiramente enriquecedora.

Esta actividade completarase con unha visita ao centro penitenciario de Teixeiro, onde o alumnado terá a oportunidade de coñecer as instalacións e compartir unhas horas cos internos e os/as seus monitores. 






Comentarios