San Valentín

 Para celebrar o San Valentín o alumnado foi deixando as súas cartas de amor ou amizade no buzón da entrada. Dúas representantes da xunta de delegados fixeron entrega das mesmas ao longo da tarde polas diferentes aulas xerando verdadeira expectación.


Por outra banda, as alumnas participantes no contrato programa Eu conto con i(nc)lusión remataron hoxe un novo capítulo do seu libro, que casualmente trataba de amor, así que aproveitaron para facer unha fotografía diante do buzón de San Valentín.



Comentarios