Reparto de camisetas para a Francofonía e sorteo para a viaxe a París.

 Varias alumnas de francés repartiron hoxe nos recreos as camisetas para todo o alumnado que asisitirá no mes de maio ao festival da Francofonía en Vilanova de Arousa.

 

Ademais, no segundo recreo tivo lugar o segundo sorteo para o alumnado que irá de viaxe a París. Nesta ocasión sorteábanse unha cámara de fotos e unha caixiña decorativa, cedidas polos profesores Luis Míguez e Begoña Lourido, aos que lles damos as grazas. 

A gañadora do sorteo foi a nosa compañeira de ciclos Olalla, parabéns polos premios!!!





Comentarios