Exposición de gravado e peixiños.


Desde hai uns días podedes disfrutar no primeiro andar do edificio gris dunha exposición dos magníficos traballos do alumnado de Educación Plástica.
Coas indicacións de Carmen, a súa profesora, o alumnado de 3º da ESO estivo traballando nun colorido proxecto e facendo diferentes "peixiños". 
Por outra banda, o alumnado de Debuxo Artístico de 1º de bacharelato traballou a técnica do gravado para despois "enmarcalo" obtendo uns orixinais cadros para a exposición.


















 

Comentarios