Semana Cultural

Durante os días 3, 4 e 5 de maio celebramos a nosa semana cultural con unha morea de actividades moi interesantes.

Desde as saídas á casa Picasso, ao parque de fauna Córax, roteiros pola ruta da Auga e polo río Mandeo, obradoiros de podcast, de formación para o emprego e orientación, participación dun proxecto de reciclaxe e economía circular, e mesmo a celebración dun "Arde Lucus" moi particular.

Manualidades, xadres, xogos científicos, experimentos no laboratorio, visitas guiadas a unha exposición creada por eles mesmos "Non scholae, sed vitae discimus", obradoiro de poesía e graffiti con Dores Tembrás, charla sobre fake news coa xornalista Ángela G. Casal,  e mesmo tivemos a oportunidade de cotar con Mercedes Queixas, compañeira e parlamentaria.

Unha chea de actividades que foi posible realizar grazas ás propostas e á colaboración de todo o profesorado e á boa disposición do alumnado, graciñas a todos/as!!

Casa Picasso






Ruta da auga


Poesía e graffiti con Dores Tembrás






Orientación Laboral (Repsol)










Córax Fauna




Recreos científicos










Exposición "Non scholae, sed vitae discimus"







Roteiro Chelo Río Mandeo




Encontro con Mercedes Queixas


Charla Fake News 


Obradoiro de Podcast


Arde Lucus


Taller de Manualidades 




Comentarios