Inauguración da aula ATEQUIN 4.0
Hoxe tivo lugar no noso centro a inauguración da Aula ATEQUIN 4.0, grazas á convocatoria de Espazos de tecnoloxía aplicada na FP (convocatoria 2022). A aula acolle o proxecto Digital Twin Boxes do Ministerio de Educación e Formación Profesional.
A nosa compañeira de ciclos, Alba Souto, artífice do proxecto xunto con Carlos de Paz, fixo a presentación. Na inauguración estiveron presentes, ademais do profesorado do centro, representantes de diferentes empresas e organismos oficiais. Moitas grazas a todos pola vosa presenza!!
Comentarios
Publicar un comentario