Inauguración do arboretum "Luis Míguez"

 Para a comunidade educativa do IES A Sardiñeira hoxe foi un día moi emotivo, xa que nun pequeno acto quixemos facer unha merecida homenaxe ao noso compañeiro, o catedrático de Bioloxía Luis Míguez, poñéndolle o seu nome ao Arboretum do centro. 

Durante 37 anos, con ilusión e esforzo, foi dando forma ao singular xardín co que contamos, único na cidade. 

Agradecemos a presenza de todos os que nos acompañastes neste emotivo acto, familia, antigos compañeiros e alumnos, concelleiro de educación e a Laura, que nos acompañou coas súas melodías.



















Comentarios