Participación no programa "Educar en Xustiza"



A iniciativa do Departamento de Orientación o alumnado de 4º da ESO participa no programa Educar en Xustiza.
A actividade de hoxe consistiu en asistir a 5 xuízos, onde puidemos ver de primeira man cómo son en realidade. Dámoslle as grazas á xuíza responsable polas explicacións sobre as cuestións relativas ao seu traballo e a amabilidade ao respostar ás preguntas do noso alumnado.
Por outra banda tamén queremos agradecer aos voluntarios de Protección Civil que nos acompañaron no camiño desde o instituto, e por suposto, ao profesorado participante e colaborador da actividade.



Comentarios