Samaín e magosto

 Para conmemorar o Samaín contamos coa nosa tradicional e terrorífica decoración na entrada do instituto que elaboran os alumnos de  EPV en colaboración coa súa profesora, Amparo.

Por outra banda, os departamentos de Latín, Francés e Lingua Galega, en colaboración co equipo da Biblioteca realizaron obradoiros de escritura creativa e lectura de contos de medo nunha biblioteca decorada e aterradora. 






Para rematar a xornada disfrutamos do noso tradicional magosto.

Agradecemos a contribución de todo o alumnado e profesorado polo traballo e boa disposición cara estas actividades.


Comentarios