Visita á feira UNITOUR

 

O noso alumnado de bacharelato visitou a feira de orientación universitaria UNITOUR en Palexco grazas á coordinación do departamento de orientación.

Alí puideron informarse, en máis de corenta postos, sobre diferentes centros universitarios, de formación e residencias de Galicia e outras cidades españolas.  Así viviron unha experiencia de gran axuda para a elección do seu futuro profesional.

Comentarios