I Xornada de Formación de FP IES A Sardiñeira - IES Urbano Lugrís

Hoxe tivo lugar no Centro Cívico de Os Mallos a I Xornada de Formación de FP do IES A Sardiñeira - IES Urbano Lugrís coordinada polas orientadoras dos respectivos centros e contando coa imprescindible colaboración da nosa dinamizadora de FP Ana Álvarez 

O alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato dos dous institutos tivo a magnífica oportunidade de contar cos dinamizadores de FP dos principais CIPF e IES da cidade que lles explicaron a grande oferta formativa que poden atopar neles.

Contamos cos dinamizadores do CIPF Someso, Paseo das Pontes, Ánxel Casal Montealto, Universidade Laboral, Imaxe e Son, e os dos IES Fernando Wirtz e e IES Menéndez Pidal e coa nosa compañeira Ana Álvarez, dinamizadora do IES A Sardiñeira e o IES Urbano Lugrís. Nas súas intervencións expuxeron os diferentes ciclos medios e superiores que o alumnado pode realizar en cada un dos centros e as súas saídas laborais, así como a oferta de FP Dual con que conta cada un. 

Unha estupenda iniciativa das nosas compañeiras Verónica del Río e á Ana Álvarez, que seguirá medrando e continuará no vindeiro curso. 







 



Comentarios