Un Entroido de Cine




Hoxe celebramos un Entroido de Cine co tradicional desfile e concurso. O alumnado homenaxeou diferentes películas, e mesmo representou unha entrega de premios. 
Agradecemos ao alumnado e profesorado colaborador e a todos os participantes así como aos membros do xurado e ás estupendas presentadoras a súa implicación nesta conmemoración.
Mención especial ao grupo de Sardidanza, e a Rosa, a súa coreógrafa, que conseguiu que profes e alumnos de todas as etapas educativas participasen nunha homenaxe á película Flashdance.
Parabéns aos premiados e a todos os participantes nesta divertida entroidada!






















































 

Comentarios