Charla de Natalia Barreiro


 Hoxe tivemos como invitada no centro á directora da refinería de Repsol de A Coruña e a parte do seu equipo. O alumnado de bacharelato puido asistir a unha interesante charla na que nos falou da súa traxectoria vital e profesional. Animou aos nosos alumnos e alumnas a seguir formándose e a ver as matemáticas, a enxeñería e a tecnoloxía desde un punto de vista máis social, sen esquecer que son os equipos humanos os que moven o mundo. Unha sesión moi inspiradora. 

Comentarios