Intercambio con Bretaña

Desde o día 13 ata hoxe, 21 de marzo parte do alumnado de francés de 3º, 4º e 1º de bacharelato atópase de intercambio na Bretaña francesa, da man do programa Edufrance. Entre moitas outras actividades visitaron unha sidrería tradicional e probaron o zume de mazá, o marinarium de Concarneau, a catedral de Saint-Corentin en Quimper, estiveron observando paxaros nun estuario, puideron degustar macarons e sobre todo, compartir unha morea de experiencias cos compañeiros e compañeiras e cos rapaces corresponsales e as súas familias.

Grazas ás súas profesoras, Begoña e Geraldine, polo traballo invertido no proxecto, na organización e polo acompañamento aos nosos nenos e nenas, aos que felicitamos polo seu comportamento. Agardamos que o pasarades moi ben e tivesedes experiencias inesquecibles.

 No vindeiro mes de maio recibiremos con moita ilusión ao alumnado francés.





















 



Comentarios