Sabías que... as matemáticas permiten dar solución a problemas do mundo real?

 

A profesora da USC, María Dolores Pedreira, impartiu hoxe unha interesante e amena charla, no marco do programa "A Ponte" onde evidenciou o papel das matemáticas en multitude de elementos cotiáns e como xeito de dar resposta a problemas reais, mediante modelaxe e simulación numérica dos fenómenos implicados.

O alumnado de 1º de bacharelato comprobou que desde o deseño dos brackets ao de aeroxeradores, pasando polos filtros de instagram, a predición de tsunamis ou aplicadas ao deporte no deseño de zapatillas ou as velas para barcos, as matemáticas son fundamentais para o avance científico e o progreso tecnolóxico. 


Comentarios