Teatro en inglés: I Spy

Continuando coas conmemoracións do Día do Libro e grazas á inciativa do Departamento de Lingua Inglesa, o alumnado de 1º e 2º da ESO asistiu á representación en inglés da obra teatral I Spy, da compañía Face2Face. 

Acompañados no traxecto pola policía local e compartindo o centro cívico dos Mallos co alumnado do IES Urbano Lugrís, os nosos alumnos e alumnas divertíronse e participaron moi activamente da representación teatral.

















 






Comentarios