Festival de Entroido

 


O vindeiro 28 de febreiro celebraremos o noso tradicional concurso de entroido. Lembrade que tedes ate o día 21 de febreiro para inscribir á vosa clase ou pase individual en vicedirección (lembrade indicar a música!)

  • Haberá premios individuais e a grupos por cada unha das categorías:

            - 1º e 2º da ESO

            - 3º e 4º da ESO

            - Bacharelato e  Ciclos Formativos

  • Todos os que queirades participar no concurso podedes inscribirvos en Vicedirección antes do venres 21 de febreiro indicando o número de participantes, o país/cultura/época histórica representada e a música correspondente á coreografía.
  • O xurado estará formado por 2 membros do profesorado e 3 alumnos/as.
  • O xurado valorará a orixinalidade dos disfraces así como a coreografía.
  • Quedarán inmediatamente fóra do concurso todos aqueles participantes con disfraz, coreografía ou actitude non axeitada no contexto educativo.
  • Queda totalmente prohibido o uso de sprays ou/e petardos.
  • Animamos a todo o profesorado e alumnado a participar!!

    Comentarios